Curso 09-10

Fase ascenso

  O equipo de tenis de mesa do instituto tentará o 20 de marzo en Cambados o ascenso á 2ª división.O equipo formado por Esteban, Alex, Guillermo e Pablo acadaron a segunda posición da fase previa que da dereito a disputar a fase final.Máis información.
ÁNIMO CAMPIÓNS

Noraboa !!

  Impresionante primeira fase do noso equipo. Logo da victoira sobre Breogán na última xornada, rematamos no primeiro posto da clasificación. Agardamos que a racha continúe na fase de ascenso á 2ª . 
 T.M.  ANPA - IES VIRXE DO MAR

XVI Semana Cultural

  Nesta semana celebramos unha nova edición da Semana Cultural. Ao longo da mesma a nosa comunidade educativa, poderá disfrutar de conferencias, recitais, obradoiros ... Agardamos que sexan do interese de todos. Ver programa facendo clic nesta ligazón
 XVI SEMANA CULTURAL - 8 ao 12 febreiro

Noraboa atletas !!

  Na proba de campo a través disputada en Noia o pasado 6 de novembro @s nos@s atletas acadaron unhas magnificas clasificacións chegando a ocupar os primeiros postos na categoría cadete.
Fai clic para ver clasificacións individuais ou clasificacións por equipos.
 DEPORTE ESCOLAR

Certame literario

Valentín Alvite coa súa obra "O Hotel" foi o gañador do VIII certame literario de relato de aventuras "Antón Avilés de Taramancos" que organiza a revista Casa da Gramática do IES Virxe do Mar. O premio foi entregado o pasado 15 de xullo, no salón de plenos da Casa do Concello.
CERTAME "Antón Avilés de Taramancos"
Distribuir contido