Curso 08-09

Al-Andalus

Al-Andalus, o legado Hispano-Árabe

Dende finais de Maio florecen nos corredores e na entrada do Instituto
animais mitolóxicos, mosaicos, vistas da Alhambra, pendóns, murais e paneis
informativos que falan do léxico hispánico e francés de procedencia árabe, de
romances medievais, da Chanson de
Roland, da música andalusí, da influencia
árabe nas Matemáticas, de Fibonnacci, de Averroes e outros filósofos árabes
medievais. Pronto veremos tamén unha fonte que bota auga e foi creada no
laboratorio do Instituto, e recorda a importancia do regadío en Al-Andalus. Na Biblioteca unha interesante exposición
bibliográfica amplía o tema. Porque é inmenso o legado que esta civilización
nos deixou. Porque queremos desbotar prexuízos e estamos convencidos de que o
coñecemento dos outros incide na educación pola Paz.

Trátase dun proxecto, concibido e dirixido polo noso profesor de Debuxo,
Antonio Sánchez, que dende o curso pasado ven traballando arreo co alumnado de
Plástica, e conseguindo a colaboración dos outros Seminarios.

Dende aquí invitamos a toda a Comunidade Educativa a vir ver a exposición, que se prolongará ata finais do
verán, ó tempo que felicitamos a todo o alumnado participante e a Antonio polo
seu excelente traballo.

Proxecto Terra

5/xuño/09 Como complemento do traballo na aula co
material proporcionado polo Proxecto Terra e a súa unidade ARQUITECTURA POPULAR
levouse a cabo unha das visitas que os organizadores do Proxecto propoñen: O
Camiño de Santiago. Na mesma participaron 26  alumn@s de 3ºESO acompañados polos profesores Concha e Andrés.
O percorrido ten por finalidade a visualización do
patrimonio histórico, arquitectónico e paisaxístico nas marxes do Camiño
lucense. O itinerario parte do Cebreiro onde o alumnado tivo a oportunidade de
coñecer a estruturación interna dunha palloza ( traballado na unidade
didáctica)  e  o conxunto arquitectónico preservado do
Cebreiro así como a igrexa. A continuación realizouse a pé un tramo duns 10
quilómetros polo Camiño de Santiago en dirección a Triacastela. Tivemos a
oportunidade de coñecer aspectos da arquitectura anónima do contorno. Xa en
Triacastela visitamos un tear local  onde
se nos amosou o traballo do liño e a realización de tecidos. O día seguinte o
traxecto incluíu a visita ao conxunto arquitectónico de  San 
Cristovo a realización dun pequeno tramo do Camiño ata achegarnos ao
muíño de Renche onde o muiñeiro local explicounos o seu funcionamento. A visita
rematou cun interesante percorrido polo Mosteiro de Samos (claustros,
refectorio, igrexa, entorno..) para tralo xantar regresar a Noia.

Coro IES Virxe do Mar

2/maio/09:  O coro do instituto participou no acto de clausura do congreso de odontólogos da asociación Pierre Fauchard Academy celebrado na igrexa de Santa María a Nova. Neste acto foron investidos 4 novos académicos ademais de entregar ao ex presidente da Xunta de Galicia, Gerardo Fernández Albor a medalla desta academia.
O noso coro interpretou nesta ocasión: Gaudemaus iguitur, Come with me e o Himno galego.A actuación foi premiada con merecidos aplausos.
<ver máis>

 O CORO NO CONGRESO DE ODONTÓLOGOS

XV SC

XV         
   SEMANA 
  CULTURAL 
               14-20 Abril
 Mago Benxamín    "Life in Britain"   
 Concurso de fotografía    Contacontos: Avelino González   
 EOI: Cine en francés - Quiz    Día dos Mundos  
 Cómic: Javier Montes    Teatro: "O método Grönholm"  
 Certame de pintura rápida    Conferencia: "O Bretón lingua sen estado" 
 Obradoiro de reciclaxe    Xornadas Psicopedagóxicas  
 Subida ao San Lois    Mostra de actividades artesanais.  
 EOI: Cine en inglés - Quiz     Concerto musical: SuperSound  
 Noia paso a paso     Ú-la música ?  
 Torneo Tenis    Graffiti  
 Obradoiro cociña    Poesía: María Lado e Lucía Aldao  
Distribuir contido