Curso 08-09

Documentos necesarios para matrícula.

Documentos necesarios para MATRICULARSE na E.S.O.

Para todo o alumnado

- INSTANCIA DE MATRÍCULA + Autorización dereito imaxe.

- 7 SOBRES AMERICANOS.-franqueados ata o domicilio do alumno/a


- FOTOCOPIA D.N.I.do ALUMNO/A


- 1 FOTOGRAFÍA ACTUAL, tamaño carnet, os que están no Centro.


- 3 FOTOGRAFÍAS ACTUAIS, tamaño carnet, os que procedan doutro Centro

Ademais destes documentos deberán traer 

Os de 3º e 4º curso:
Copia resgardo abono Seguro Escolar (1,12€) na Caixa Galicia, oficina urbana 2 de Noia (Avda. da Coruña, s/n)
  

Os que procedan doutro Centro:
Fotocopia do D.N.I.
do PAI e da NAI.
Partida de nacemento
ou Fotocopia da folla do alumno/a do Libro de Familia (neste caso ten que presentar o Libro).
Certificado de estudos realizados no curso 2008-2009. 

 

 
 Documentos necesarios para MATRICULARSE no BACHARELATO LOXSE

Para todo o alumnado:

 

-INSTANCIA DE MATRÍCULA + Autorización dereito imaxe.
-7SOBRES AMERICANOS.-franqueados ata o domicilio do alumno/a


-FOTOCOPIA D.N.I.do ALUMNO/A


-1 FOTOGRAFÍA ACTUAL, tamaño carnet, os que estiveron en Baharelato.


-2 FOTOGRAFÍAS ACTUAIS, tamaño carnet, os que estiveron en 4º ESO


-3 FOTOGRAFÍAS ACTUAIS, tamaño carnet, os que proceden doutro Centro.


-RESGARDO PAGO Seguro Escolar (1,12€) na Caixa Galicia, oficina urbana nº2 de Noia (Avda. da Coruña, s/n).

 

Ademais destes documentos, os que proceden doutro Centro, deberán traer:

-PARTIDA DE NACEMENTO ou Fotocopia da folla do alumno/a do Libro de Familia ( neste caso ten que presentar o Libro)

-CERTIFICADO DE TER O GRADUADO ESCOLAR. Alumnado E.S.O.

-CERTIFICADO OFICIAL. Só alumnado que estivo cursando Bach. Loxe.

 

 
 Documentos necesarios para MATRICULARSE no CICLO FORMATIVO DE GRAO MEDIO

-INSTANCIA DE MATRÍCULA. En modelo do Centro

-7 SOBRES AMERICANOS.-franqueados ata o domicilio do alumno/a


-FOTOCOPIA D.N.I.do ALUMNO/A


-3 FOTOGRAFÍAS ACTUAIS, tamaño carnet, os que proceden doutro Centro.


-RESGARDO PAGO Seguro Escolar (1,12€) na Caixa Galicia, oficina urbana nº2 de Noia (Avda. da Coruña, s/n).


-CERTIFICADO OFICIAL que acredite poder matricularse nestes estudios.


-PARTIDA DE NACEMENTO ou Fotocopia da folla do alumno/a do Libro de Familia ( neste caso ten que presentar o Libro)

Coro IES

O coro do IES Virxe do Mar  participou na XII Feira Medieval de Noia e no Son Celta 09 de Porto do Son.Membros do grupo formaron para a ocasión un grupo de danza dirixido por Verónica Martínez.Parabéns a tod@s polo seu esforzo e o éxito acadado.
FEIRA MEDIEVAL - SON CELTA O9

Exposición

Dende maio até outubro estará aberta en diversas dependencias do centro a exposición Al-Ándalus. Os traballos da mesma foron realizados por alumnado e profesorado do centro dirixidos polo noso profesor de debuxo, Antonio Sánchez.
AL-ÁNDALUS: O LEGADO DA CIVILIZACIÓN ÁRABE <ler máis>

Coro IES

O coro do IES Virxe do Mar participará na XII Feira Medieval de Noia que terá lugar os vindeiros 17,18 e 19 de xuño.
Durante a tarde do domingo 19, interpretará un repertorio de pezas de aire medieval preparadas para a ocasión.

O Tapal, a Fanequeira ... serán entre outros os escenarios onde se desenvolverá a actuación.Ó mesmo tempo un grupo de membr@s da coral, participantes no taller de danzas organizado polo concello, amosará dúas coreografías froito do seu traballo no mesmo.
Dende o instituto estamos ben satisfeitos por colaborar nesta feira como unha mostra máis do desexo de compartir dende a nosa comunidade educativa todas aquelas actividades culturais da vila de Noia.

3ª Copa Fútbol Sala - ANPA

 
                        clic na imaxe para ver todos os resultados e clasificacións

Al-Andalus

 
Dende finais do mes de Maio podemos ollar en distintos lugares do instituto a exposición que baixo o título de Al-Andalus nos achega ó inmenso legado  deixado pola  civilización árabe. A mesma foi concibida e dirixida polo noso profesor de Debuxo, Antonio Sánchez.
Ao longo do curso, o alumnado de Plástica baixo a dirección do seu profesor veñen traballando arreo para botar adiante este proxecto.Hai que subliñar a colaboración doutros Seminarios do centro.
Dende aquí invitamos a toda a Comunidade Educativa a ollar todos estes traballos, ó tempo que felicitamos a todo o alumnado participante e ao seu profesor Antonio polo excelente traballo realizado.
Sabemos que o coñecemento dos outros contribúe a desbotar prexuízos e incide no camiño da educación pola Paz.
 AL-ÁNDALUS: O LEGADO DA CIVILIZACIÓN ÁRABE
Distribuir contido