Curso 07-08

Visitas: "Exposición Santiago dC"

Un grupo de máis de 50 rapaces e rapazas (alumnado de relixión dos cursos 1º-2º-3º de ESO) acompañados das profesoras Mª Jesús, Susi e Rosa viaxou a Santiago para asistir a exposición "Santiago dC" <ver fotos> <ler máis>

Concurso de traducción.

Xa está en marcha o concurso de traducción.Anímate a participar ó longo das vindeiras 4 semanas!!  <ler máis> 

Tenis de Mesa: 6ª xornada

 

Hípica: 3 – IES: 4. Impresionante xornada a ofrecida polo equipo diante do Hípica-Coruña que daquela ocupaba o terceiro posto da clasificación. A alineación desta volta foi: Alex, Alberto, Santi (individuais) Guillermo e Pablo en dobres. Os nosos xogadores logo dun comezo con nervios e dúbidas remontaron un 0-2 inicial para apañar unha victoria importantísima que nos fai ver este último tramo da 1ª volta da competición con folgos renovados e mirando cara a parte alta da táboa clasificatoria.
<ler máis> <ver fotos> <ver clasificacións>


Exposición:"Os mártires do mar"

O IES Virxe do Mar de Noia acolle a exposición "Os Mártires do Mar," da autoría de Dionisio Pereira.Pódese visitar do 20 ao 27 de novembro. Os Mártires do Mar é unha provecta investigación que recolle textos e documentos gráficos que mostran os inicios do asociacionismo mariñeiro en Galiza dende principios do século XX ata despois do golpe militar do ano 36.
A proposta é promovida pola Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellaría de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia
. <ver fotos>

IX Mostra de Curtametraxes Vila de Noia

 

 Con motivo da celebración da IX Mostra de Curtametraxes Vila de Noia, o concello de Noia invítanos a unha proxección de curtas o vindeiro luns 26 ás 10:00 horas no Coliseo Noela.
A esta sesión asistirán os cursos de 2º e 1º BACH e 4º ESO.

O magosto

Polo San Martiño botamos os trompos ao camiño. Ademais, por suposto, comemos castañas, trouleamos ... en definitiva, celebramos o Magosto 07.
Se queres saber máis desta festa ou mesmo ver imaxes do acontecemento ... fai clic!!
<saber máis> <ver fotos>

Distribuir contido