Curso 07-08

Éxito d@s nos@s !!

No pasado torneo de Nadal de Tenis de Mesa celebrado na Pobra do Caramiñal un grupo de alumn@s do centro partitipou de xeito moi destacado.Esteban Suárez acadou o 1º posto. Guillermo Maneiro e Pablo Pérez (membros do equipo do IES) remataron o torneo en 3ª e 4ª posición.Inés Vázquez , xogadora tamén do noso equipo, logrou o triunfo do torneo na categoría feminina. Noraboa!! 


Tenis de Mesa: 8ª xornada

Unha xornada importante!! Agardaba por nos un encontro que nos levaría a loitar pola 3ª posición final ou arredarnos dese obxectivo.O partido IES VIRXE DO MAR - ADECO DEA POBRA era clave. O equipo non fallou e apañou unha disputada pero merecida victoria por 4-1 que nos sitúa a soamente 2 puntos da 3ª posición. <ler máis> <ver fotos> <clasificación> 


I CONCERTO DE NADAL

 
 I CONCERTO NADAL - IES VIRXE DO MAR

XOVES - 20 DECEMBRO
20:00 h

COLISEO NOELA

patrocina
NOIA HISTÓRICA


Xogos tradicionais: O pano

Xa está en marcha unha nova edición deste torneo. Desta volta 13 son os equipos anotados o que fai un total de 50 xogadores/as. O primeiro xogo no que se compite é o do pano. Estanse a ver emocionantes e disputados xogos. <ver fotos>


 


Tenis de Mesa: 7ª xornada

O pasado sábado 24 o noso equipo xogou un deses partidos que tiñamos que gañar ... e así foi !!: Diante do Arteal-Santiago os nosos acadaron un 4-0 que di as claras o que foi o encontro.
Desta volta xogaron:Guillermo,Brais e Pablo que amosaron un nivel de xogo que cada vez vai a máis. A título individual temos que destacar o 6º posto da clasificación de xogadores, no que se atopa Pablo.
 <fotos> <ler máis> <clasificación> 


Campo a través - Noia

O venres 23 disputouse no Paseo Marítimo de Noia a primeira proba da competición escolar na modalidade de campo a través.
Na mesma participaron un numeroso grupo do noso alumnado representando ao IES e mesmo a clubs de atletismo da vila.
Os nosos atletas acadaron posicións destacadas gañando algunha das probas disputadas.
<ver fotos> 


Distribuir contido