Curso 07-08

Visita: Catedral Santiago Compostela

 VISITA:Catedral  de Santiago de Compostela
DATA:  17 de xaneiro
GRUPO: ARTE BACH, 3ºC/4ºA ESO,NORMALIZAC.
-37alum.-
HORA:8:45 - 14:25

A visita forma parte das actividades extraescolares que se deseñaron na programación anual do Seminario de Xeografía e Historia. Pensada para o alumnado de Arte sempre se procura que sexan máis aqueles alumnos e alumnas que poidan desfrutar  dela. A finalidade da mesma é a de poñer en contacto ao alumnado coa realidade artística próxima e, neste caso, cunha realidade de extraordinaria importancia. Conceptos, estilos, espazos, contornos, decoración e funcións que habitualmente se traballan na clase visualízanse e identifícanse nesta visita.  O itinerario incluíu unha visita ao Claustro de Fonseca onde se introduce aos rapaces e rapazas na historia medieval e renacentista da cidade. A continuación percorremos o entorno catedralicio dende a Porta de Praterías, á cabeceira e a Portada de Acibecheira onde teñen a oportunidade de ver os distintos estilos que conforman o edificio (Románico, Gótico e Barroco ). O horario permitiu achegarnos ao interior da catedral para poder analizar in situ a evolución construtiva da obra e facer os rituais típicos. As 11 horas e acompañados polo guía visitamos a tribuna e os tellados, o único xeito de poder apreciar con claridade o edificio Románico orixinal así como aspectos urbanos e históricos da vila dende unha atalaia inigualable.<ver fotos>


Visita: Catedral Santiago Compostela

Un grupo de alumnos/as de Bacharelato-Arte, ESO e membros do Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística do centro realizou o pasado 17 de xaneiro unha visita a Santiago de Compostela. Durante a mesma tiveron ocasión de visitar a Catedral e mesmo pasear polos seus tellados.A visita foi organizada polo departamento de Xeografía e Historia.O grupo estivo acompañado polos profesores Concha Sabucedo e Xabier Castro.
<ler máis> <ver fotos>  


 

Tenis de Mesa: 11ª xornada

Na 10 xornada da liga tivemos que desprazarnos a localidade de Sigüeiro. Alí agardaban por nós dous os equipos de Promesas e Xuventude de Oroso. O resultado foi de 4 a 0 ao noso favor nos dous encontros. Aínda que o marcador semella claro, algún dos puntos en xogo tivemos que disputalos ao 100 %. . Malia a súa xuventude, algún dos xogadores que tiñamos enfronte amosaron un nivel técnico moi alto. <ler mais> <ver fotos> <ver clasificación>


III xornadas psicopedagóxicas

 

18 de xaneiro- 20:30 h - Aula Álvaro de las Casas 

Consecuencias psicolóxicas individuais e familiares
Dona Carmen Rodríguez López 
 

22 de febreiro - 20:30 h - Aula Álvaro de las Casas

Do fracaso ao éxito escolar.
Dona Rocío García Castro
 

Organiza ANPA IES Virxe do Mar de Noia

-Entrevistas en Radio Líder nos ficheiros adxuntos-


Tenis de Mesa: 10ª Xornada

O sábado 12 de xaneiro comezou a segunda volta da liga. O primeiro partido foi ante o potente equipo da Sociedade Liceo de Noia. O resultado final 1-4 favorable aos xogadores do Liceo. As alineacións foron as seguintes - IES: Alex-Alberto-Santi-Gullermo/Brais (dobres). LICEO: Héctor-Jacobo- Rosko-Esteban/Jorge (dobres). O partido foi arbitrado por Pablo Pérez,axudado por momentos por Inés Vázquez quen tiveron unha destacada actuaciòn. 
<ler máis>
<ver fotos>  <clasificación> 


Presentación

                    

11/1/2008: A Casa da Gramática do IES Virxe do Mar de Noia e a asociación cultural Barbantia, presentaron o número 30 da Revista e mais o libro Voces na Historia, onde se recollen as actas da V Semana da Historia de Noia, organizadas, en colaboración co Concello de Noia, na pasada primavera. No acto, que se desenvolveu ás 20:30 horas na aula Álvaro de las Casas, do IES Virxe do Mar, falaron  Xerardo Agrafoxo, historiador e socio de Barbantia, o alcalde de Noia, Rafael G. Guerrero, a concelleira de cultura, Loli Caramés e o profesor do centro Xabier Castro membro da equipo editorial da revista. <nova na prensa> 


Distribuir contido