Curso 07-08

II EXPO VdM

 

Dende o 15 e ata o 29 de febreiro estará aberta ao público a II Bienal EXPO VdM.Nela poderemos ver traballos no campo das artes plásticas(pintura,escultura e fotografía) realizados por alumnado do centro.
Esta exposición colectiva estará aberta de 10 a 20:30 h. na Casa da Cultura de Noia. 
O comisario da exposición Antonio Sánchez (profesor de debuxo e plástica no IES)  desexa invitar a todos a visitar unha mostra que nesta segunda edición se caracteriza pola gran calidade artística dos traballos expostos.  <ver fotos>   

Torneo interno: Tenis de Mesa.

Xa podemos consultar os resultados da última competición de tenis de mesa "Torneo Entroido".Se queres ter información sobre os resultados e as clasificacións fai clic no enlace. <resultados e clasificacións>

Operación bocata

 O pasado 11 de febreiro un grupo de 60 alumn@s do centro participou na "Operación bocata" organizada polo Colexio Mª Assumpta.
Cada participante aportou 3€ (donativo+bocata) destinados a un programa de nutrición infantil no lugar de Bohechío na R.Dominicana.O obxectivo deste proxecto é o de mellorar as condicións alimentarias e socioeconómicas de 176 familias cunha media de 5 fillos, mediante a instalación dunha cooperativa de consumo, que poida ofrecer alimentos de calidade a un prezo ao alcance desas familias.


Tenis de Mesa: 13ª xornada

Importantísima victoria por 4-2 diante do ADECO-Outes que nos achega un chisco máis ao obxectivo de acadar a 3ª posición final da competición.
O noso equipo alineou a: Pablo - Alex - Santi en individuais e Pablo-Guillermo como parella de dobres.
<ler máis> <clasificacións>  

Roteiro: Río Tállara

ROTEIRO POLAS MARXES DO RÍO TÁLLARA
8 febreiro-09,45 ata 13,30h
3º ESO 

A realización deste
roteiro completa o traballo que se desenvolveu na clase de CC.SS. no
primeiro trimestre. Tras estudar a vexetación (perennifolia,
caducifolia...) asociada aos distintos climas, o percorrido axuda á
visualización da realidade vexetal do propio entorno. A visita guiada
polo profesor Manolo Barreiro, acompañado de Concha Sabucedo,
organizouse coa intención de facer unha breve análise das especies
vexetais alóctonas, asociadas a contextos privados e públicos cunha
intencionalidade ornamental, e aquelas especies arbóreas que tiveron
unha utilidade económica desde o pasado. No primeiro caso vimos
araucarias, camelias, magnolios e sequoias nos pazos de Varela Radío ou
da Pena; tamén na Alameda. Logo, o paseo a pé polas marxes do Tállara
amosounos vexetación de ribeira e carballos, loureiros, bidueiros...
así como o que queda do uso da auga a través dos vellos muíños. A
ocasión tamén serviu para estarmos xuntos fóra da aula aproveitando un
magnífico día. Resulta moi agradable compartir o tempo con xente
especial. A ver se repetimos!
<ver fotos>


Roteiro: Río Tállara

O pasado 8 febreiro un grupo de 26 alumnos e alumnas de 3º ESO participaron nun roteiro polas marxes do río Tállara. A realización deste roteiro completa o traballo que se desenvolveu na clase de CC.SS. no primeiro trimestre. A visita guiada polo profesor Manolo Barreiro, acompañado de Concha Sabucedo, organizouse coa intención de facer unha breve análise das especies vexetais alóctonas, asociadas a contextos privados e públicos cunha intencionalidade ornamental, e aquelas especies arbóreas que tiveron unha utilidade económica desde o pasado. <ler máis> <ver fotos>  


Distribuir contido