Curso 07-08

Visita: Pontevedra

O martes 8 de abril, o departamento de CC.SS, Xeografía e Historia organiza para o alumnado de 3º da ESO unha visita á cidade de Pontevedra como complemento  do traballo na aula coa unidade didáctica Arquitectura contemporánea do Proxecto Terra. O alumnado estará acompañado durante a visita por un guía e 3 profesores do centro.


Viaxe: Andorra 08

 Un grupo de 42 alumn@s acompañados por Miguel,Andrés,Fernando (profesores do centro) e Pedro(membro de Estiber) realizaron unha viaxe á estacíón invernal de Pal Arinsal de Andorra. Durante a semana do 8 ao 15 de marzo este grupo iniciouse ou mesmo perfeccionou as súas técnicas no esquí e snowboard. Ao final da semana é de destacar que daba xenio velos descender pistas de todas as cores como se foran costas do Ferrador !!.

        

Proba de todo iso son os diplomas que lles foron entregados como dominadores do descenso en cuña,caidas varias etc (non esquecemos,por suposto, o nada doado ascenso en telesilla). A estancia en Andorra rematou cunha sesión de baños relaxantes nas instalacións de Caldea.
Tod@s os/as participantes quedaron moi satisfeitos/as e con ganas de repetir no vindeiro curso.
Dende esta páxina queremos transmitirlles aos/ás
alumn@s participantes as felicitacións do profesorado que os acompañou pola súa actitude e bo comportamento ao longo da semana. Noraboa!!. <ver fotos>

 

Tenis de Mesa: Xornada 15

Na xornada disputada o sábado 1 de marzo agardabamos un encontro máis igualado diante do equipo de TM Hípica-A Coruña.A realidade foi un encontro que gañamos con solvencia con un marcador que reflicte ben ás claras o acontecido no terreno de xogo. IES VIRXE DO MAR: 4- HÍPICA-A CORUÑA: 2. Noraboa equipo!! <ver máis>

Conferencia: Concha Blanco

                                                                    

O vindeiro venres 29 de febreiro, visitará o noso instituto a pedagoga,mestra e escritora galega Concha Blanco.
Impartirá unha conferencia ao alumnado de 2º ESO. O acto será na aula Álvaro de las Casas a partir das 12:35. A actividade está programada polo departamento de galego do centro.
 <ler máis>


Tenis de Mesa: 14ª xornada

O pasado sábado 16 de febreiro o equipo disputou en Cambre o encontro correspondente a 14ª xornada de liga da 3ª división galega de tenis de mesa.
Nun
igualado encontro non fomos quen de acadar un resultado positivo. O resultado final foi de ANDEIRO 4- IES VIRXE DO MAR 3.
<ver máis>


Noraboa Germán

Germán Mosquera, alumno do Virxe do Mar, acadou a medalla de ouro do campionato galego nas modalidades de 1.500 e 800m en pista cuberta na categoría xuvenil.

Distribuir contido