Curso 07-08

Gratuidade de libros de texto - curso 08/09

 A Xunta de Galicia por medio da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria vén de convocar o Programa de gratuidade de libros de texto para o curso 2008-2009 (1º-2º-3º-4º ESO). Nas seguintes ligazóns atópase a información necesaria para participar no mesmo.
De precisar aclarar algunha dúbida, poden poñerse en contacto co centro a través do número de teléfono 981 820 119 ou personándose no mesmo de 8:45 a 14:20 h.

Orde da convocatoria -ver DOG-
Instrucións para as familias e alumnado.
Relación libros de texto gratuitos na ESO - curso 2008-2009


Noraboa aos nosos talentos!!

No concurso de "Jóvenes Talentos-2008" organizado pola fundación Coca-Cola, Paula Servia Rodríguez (2º ESO) acadou o 2º posto na categoría de relato curto da provincia de A Coruña.
Nesta edición tamén participaron con gran éxito:Ismael Ramos, Mariña Fernández, Alberto Davila,Elisbeth Rey e José Manuel Vázquez. O concurso estivo dinamizado no noso centro pola profesora de lingua española Emilia Alonso.Noraboa a todos eles!!

Fotos Bélxica

Fai clic para ver fotos da viaxe a Bélxica. 
Tamén aparecen en: Actividades-Viaxes-Bélxica.


 

Viaxe Londres

Un grupo de alumnos e alumnas do IES Virxe do Mar realizaron unha viaxe a Londres acompañados por dúas profesoras do centro, Mercedes Mariño e Gloria Rivas. O apretado programa incluía visitas aos principais museos ( o museo Británico, a National Gallery, o Museo de Historia Natural, o Victoria and Albert e a Tate Modern) , a imprescindible foto diante de Buckingham Palace e cos gardas a cabalo e os paseos polas increibles rúas de Londres sempre cheas de novidades. Como sempre tiveron sorpresa e nesta ocasión presenciaron a chegada da antorcha olímpica a Trafalgar Square e foron testigos das protestas dos defensores do Tibet, do entusiasmo dos afeccionados olímpicos e da eficacia dos controles policiais. Outra sorpresa foi a visión do Big Ben nevado. As actividades máis celebradas foron o recorrido na noria (London Eye) e sobre todo a asistencia ao mítico musical sobre o grupo Queen “We Will Rock You” ¡ Amazing¡ Tamén houbo tempo para un merecido descanso aos pés de Eros en Piccadilly, cos esquíos de Hyde Park, ou nas terrazas de Covent Garden. E por suposto non faltaron as compras en Harrods, Oxford Street e no encantador mercadillo de Candem Market. Ata tiveron tempo para visitar  a plataforma 9 ¾ en la estación de Kings Cross.


Conferencia arredor das Letras Galegas 2008

O xoves 10 de abril ás 12:45 estará no noso centro o profesor e poeta Xosé Mª Álvarez Cáccamo para achegarnos ao escritor Xosé Mª Álvarez Blázquez a quen se lle dedica este ano 2008 e no que se centran os actos do vindeiro DÍA DAS LETRAS GALEGAS. O acto que terá lugar na aula Álvaro de las Casas, está organizado polo Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do centro e diríxese ao alumnado de 2º de bacharelato e 4º da ESO.


Distribuir contido