O IES Virxe do Mar é un dos 4 institutos galegos seleccionados pola Secretaría Xeral de Política Lingüística como modelos de planificación sociolingüística. Esta mención recoñece o labor desenvolvido polo ENDL a prol do idioma galego nos últimos anos.
O profesor Xavier Castro, como xefe do Equipo, exporá, durante o primeiro trimestre do curso, nas sete principais cidades galegas a experiencia de normalización no noso instituto dentro do II Seminario de Dinamización Lingüística no Ensino.
Como xa manifestou o profesor Xavier Castro a diversos medios informativos, este feito é un orgullo para toda a comunidade escolar do centro e para Noia en xeral.
Desde aquí felicitamos o equipo de normalización polo seu traballo e a todo o alumnado, profesorado, pais, nais e persoal non docente pola súa participación na defensa do idioma desde hai moitos anos.
ver noticia no xornal "la voz de galicia"
ver noticia no xornal "el correo galego"
|