Francés

Viaxe Francia 2009

  O seminario de francés organiza unha viaxe a París e castelos
do Loira. A saída está prevista para o día 10 de decembro e a chegada
será o día 15. Velaí tendes o programa da viaxe.
 
Xoves 10/XII
Saída de Noia ás 14:45 h. Chegada a París ás 18:55 h. Traslado e instalación no hotel. Cea ás 20:30 hh. Paseo nocturno cara Notre-Dame, Hôtel de Ville, etc.
   
Venres 11/XII  Almorzo. Visita d Musée d´Orsay. Äs 13:00 h. Comida no restaurante universitario Cuvier. 14:20 h. Visita á Gran Galería da Evolución do Xardín Botánico. Pola tarde visita do Barrio da Ópera, Place Vendôme e Campos Eliseos. Se é posible, subida ó Arco do Triunfo. Cea ás 19:45 h. Äs 22 horas visita nocturna da Torre Eiffel.
   
Sábado
12/XII

Almorzo. Ás 08:30 h. saída en autobús cara Chambord. Chegada ás 11:15 h. Visita do castelo. Comida. Ás 13:45 h. saída cara Amboise. Ás 15:00 h. visita guiada do castelo de Amboise (onde residiu e está soterrado Leonardo da Vinci). Ás 18:15 h. saída para Blois. Instalación e cea no Centre Régional Jeunesse et Sport de Blois. Paseo pola cidade. Asistencia a un concerto de Nadal, na rúa, dos alumnos do Conservatorio.
   
Domingo 13/XII
 Ás 08:00 h. almorzo. Ás 09:00 h. saída para Chenonceau. Ás 10:00 h. visita libre do castelo. Comida. Ás 13:00 h. saída cara Azay le Rideau. Ás 14 horas visita libre do castelo. Ás 16.00 h. saída cara París. Chegada prevista para as 20:00 h. Ás 20:30 h. cea na cafetería do MIJE.
   
Luns 14/XII Almorzo.Ás 09:45 h. visita libre do museo do Louvre. Ás 12:00 h. comida nunha cafetería da rúa de Rivoli (06, rue de Rivoli). Tarde: Cimitière du Père Lachaise. Montmartre. Ás 20:30 h. cea. Ás 22.00 h. paseo nocturno polo Sena.
   
Martes 15/XII
Almorzo. Paseo polo Barrio Latino. Ás 11:30 h. desprazamento ata o aeroporto. Chegada a Santiago ás 16:00 h.
Distribuir contido