1º Ciclo - ESO

Visita: Santiago de Compostela

O mércores 21 os alumnos de 2º da ESO foron de
visita á Santiago. Primeiro aprenderon a apreciar a aportación das mulleres en
relación aos  avances das astronomía na
Exposición “Con A de astrónomas” no  Pazo
de Fonseca. Logo percorreron a cidade con visita ao Hostal dos RRCC, ao
contorno barroco da catedral e a fachada de Praterías. Tras unha pausa
visitaron a Biblioteca e a Facultade de Xeografía e Historia e, para rematar,
un agradable paseo polos tellados da Catedral de Santiago.

foto 1 - foto 2.

 OS TELLADOS DA CATEDRAL

Concurso: Ecopanda

50 rapaces e rapazas do 1º ciclo ESO, participarán na segunda edición do  concurso destinado a estimular a conciencia abiental :" Keko e as aventuras da Ecopanda".
Ao longo de varias fases terán que superar unha serie de probas e contestar correctamente a preguntas relacionadas coa reciclaxe, o medio ambiente e a enerxía. Ademais de superar as probas propostas, tamén terán que  que conseguir a maior cantidade posible de puntos, para estar nos primeiros postos e conseguir ser os gañadores. Estarán organizados en grupos de 5 compoñentes coordinados polos profesores Carmen e Fernando.
O concurso está apoiado e financiado polas Consellerías de Educación e Medio Ambiente da Xunta de Galicia e a sociedade ECOEMBES.
Máis información na web : http://www.edu.xunta.es/ecopanda/index.php


Distribuir contido