BIBLIOTECA María Mariño

  
  
Xa comezou o outono.....e na nosa Biblioteca os alumnos de 1ºESO-A fixeron este fermoso anuncio do que vai vir coa nova estación.
 

CASA DA GRAMÁTICA

 

 

Saíu un novo número, o 35, da Revista de Creación Literaria e Cultura Casa da Gramática. Cun especial dedicado a Uxío Novoneyra e un particular agasallo: 'As Loairas', un fermoso traballo de escrita e ilustración das xoves promesas do noso centro. Noraboa

 

III Bienal VdM 2010

 

Desde o luns 15 podemos gozar da creatividade artística do noso alumnado na Casa da Cultura de Noia, coa III Bienal do Virxe do Mar. O venres 22 de outubro celebrarase un pequeno acto no que teremos a posibilidade de reunir aos artistas, familias e organización.

 

 

 

VISITA A SANTA MARÍA A NOVA

Como todos os anos o alumnado de Historia da Arte de 2º de BACH foi de visita a  Santa María a Nova. Un xeito de achegarse á obra de arte, próxima.  Percepción de espazos, iluminación, materiais e tipoloxías, tanto de arquitectura como de escultura, xorden ao percorrer o entorno da igrexa e inician ao alumnado nos conceptos artísticos propios da materia.

 

 

 

I CERTAME DE PUNTOS DE LECTURA

Comezou o Certame de Puntos de Lectura. Consulta as  bases e anímate a participar

 BASES DO CERTAME

 

 

 

 

 

PRESENTACIÓN PROGRAMA CUALE

 

O 23 de setembro tivo lugar no Virxe do Mar a presentación do progama Cuale de aprendizaxe de linguas extranxeiras, de inglés e francés, que se impartirá ao longo do presente curso. Arredor dun cento de persoas asistiron ás explicacións dos profesores responsables das dúas áreas: Venancio Gónzalez, Mercedes Mariño e Ana Arca.

Neste curso están matriculados uns 62 alumnos/as na especialidade de inglés e 25 en francés. O Virxe do Mar continúa así coa súa oferta de ensino de idiomas que se complementa coa sección da Escola Oficial de Idiomas, as Seccións Bilingües e a Auxiliar de Conversa inglesa que se vén de incorporar.

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido