CONFERENCIA DE JORGE MIRA

O luns pola tarde visitounos Jorge Mira, que foi presentado pola profesora Teresa Blanco. Mira  é catedrático e profesor  da Facultade de Física da USC. Coñecido divulgador de temas científicos e o autor de A ciencia no punto de mira. Tamén é coñecido pola participación no programa Cifras e Letras da TVG. Amena e interesante a charla foi do agrado dos rapaces e rapazas de 1º de Bach e de 2º Bach de Física así como dos profesores asistentes. 

 

 



EXHIBICIÓN DE TENIS DE MESA

Unha espectacular demostración  de Diogo Pinho e Shuai Lin e o seu control da pelota en tenis de mesa foi a primeira actividade que se realizou hoxe no IES Virxe do Mar con motivo do inicio da Semana Cultural. Os xogadores do Arteal demostaron a súa destreza e costoulles dominar a algún dos xogadores do Virxe do Mar que se atreveu a medirse con eles. Moitas grazas ao Arteal por virnos visitar.

 

 



REGUEIFAS

 

Unha das actividades que deu inicio a XVII Semana Cultural do IES Virxe do Mar foi a actuación dos regueifeiros Pinto de Herbón e Lobariñas. Agudeza, rapidez, retranca....fixeronnos pasar un momento moi divertido.

 

 



XVII SEMANA CULTURAL

 


 

O luns 28 da comezo no IES Virxe do Mar a XVII Semana Cultural. Cun fermoso cartel feito polo profesor de EPV Antonio Sánchez, dámosvos a benvida a estas xornadas onde deporte, cine, teatro e moitas outras actividades alteran por unha semana a rutina. Esperemos que sexan de proveito.




I TORNEO DE XADREZ


 

Desde o pasado mes de febreiro estase a celebrar, durante os recreos, o I Torneo de Xadrez do IES Virxe do Mar, 2011. Case unha ducia de rapaces anotarónse nesta edición. Con entusiasmo seguen os consellos de Xosé Antón. Parabéns pola participanción e animádevos a continuar no próximo trimestre.

 

 



DÍA MUNDIAL DA POESÍA

 

O día 21 de marzo celebramos no Virxe do Mar o Día Mundial da Poesía. O equipo de Normalización Linguística do centro distribuiu na mañá, por comercios da vila, un feixiño de poemas de autores noieses, folliñas con poemas de Ana Romaní, de  Avilés...e mentres na Biblioteca María Mariño organizouse un recital onde alumnos e ex-alumnos leron os seus poemas e outros escollidos entre os seus autores e autoras preferidas. Escoitamos ás invitadas: Olaia Tuñas, Adela Dávila, Jesica Amado e tamén aos propios como  Alba Souto, Ismael Ramos , Adriana Frojan,Laura Saavedra e Silvia Rodríguez. Un xeito agradable de acercarnos a creación e a lectura da creación poética  máis nova.

 

 



Distribuir contido