III Bienal VdM 2010

 

Desde o luns 15 podemos gozar da creatividade artística do noso alumnado na Casa da Cultura de Noia, coa III Bienal do Virxe do Mar. O venres 22 de outubro celebrarase un pequeno acto no que teremos a posibilidade de reunir aos artistas, familias e organización.

 

 

 

VISITA A SANTA MARÍA A NOVA

Como todos os anos o alumnado de Historia da Arte de 2º de BACH foi de visita a  Santa María a Nova. Un xeito de achegarse á obra de arte, próxima.  Percepción de espazos, iluminación, materiais e tipoloxías, tanto de arquitectura como de escultura, xorden ao percorrer o entorno da igrexa e inician ao alumnado nos conceptos artísticos propios da materia.

 

 

 

I CERTAME DE PUNTOS DE LECTURA

Comezou o Certame de Puntos de Lectura. Consulta as  bases e anímate a participar

 BASES DO CERTAME

 

 

 

 

 

PRESENTACIÓN PROGRAMA CUALE

 

O 23 de setembro tivo lugar no Virxe do Mar a presentación do progama Cuale de aprendizaxe de linguas extranxeiras, de inglés e francés, que se impartirá ao longo do presente curso. Arredor dun cento de persoas asistiron ás explicacións dos profesores responsables das dúas áreas: Venancio Gónzalez, Mercedes Mariño e Ana Arca.

Neste curso están matriculados uns 62 alumnos/as na especialidade de inglés e 25 en francés. O Virxe do Mar continúa así coa súa oferta de ensino de idiomas que se complementa coa sección da Escola Oficial de Idiomas, as Seccións Bilingües e a Auxiliar de Conversa inglesa que se vén de incorporar.

 

 

 

 

 

 

PRESENTACIÓN ALUMNADO CURSO 2010-2011

 

VENRES, 17 SETEMBRO

2º ESO de 9:30 a 10:00 hs.

1º BACHARELATO de 10:00 a 10:30 hs.

4º ESO  de 10:30 a 11:00 hs.

2º BACHARELATO de 11:00 a 11:30 hs.

3º ESO de 11:30 a 12:00 hs.

 

 

 

 

PRESENTACIÓN ALUMNADO DE 1º ESO

 

DÍA: luns 20 de setembro

HORA: 8 h 45

LUGAR:  Aula Álvaro das Casas

 

 

 
Distribuir contido