CURSO DE PACHWORK

 

 

 

Nesta edición da Semana Cultural celebrouse o I Curso de Pachwork coordinado por Rosita Paz. Un numerosos grupo de participantes estiveron intentando imitar ás mestras na arte de cortar, unir e combinar telas e cores. Difícil traballo, pero ben asesorado, que seguro dará resultados sorprendentes. Parabéns a todos e todas por ser a primeira promoción desta actividade.

 

 



 

DÍA CLIMÁNTICA

 

Hoxe foi unha xornada intensa para os rapaces e rapazas de 4º da ESO. Desde primeira hora da mañá estiveron a preparar os seus postos nos que ían amosar o traballo realizado no Obradoiro de Climántica. Simulacións de desxeo, de tornados ou quecemento global son algún dos exemplos que foron explicando aos distinos grupos que ao longo da maña pasaron pola mostra. Noraboa para eles e para María Xosé Suárez que foi a que coordinou todo este traballo.

 



RETORNOS de LUÍS AVILÉS

 

Para rematar a mañá do mércores nada mellor que unha película. Alumnos de 1º de Bach e do Ciclo de Fotografía asistiron a proxección de Retornos e  tralo mesma un coloquio co propio Luís Avilés, o director noiés e ex-alumno do Virxe do Mar, quen debullou as dificultades, e as satisfacións, dunha profesión coma a súa. Sempre estamos encantados da súa presenza no Virxe do Mar.

 

 



VISITA DO CAB OBRADOIRO

 

Tamén o mércores 30 tivemos a visita de dous xogadores do Obradoiro. O profesor Xavier Crespo presentou a Tuky Bulfoni e Alberto Corbacho, xogadores destacados do clube e que contan con moitos e moitas fans no noso centro. Aínda que soubo a pouco, agradecémoslle sinceramente a súa visita e desde o Virxe do Mar desexámoslle moita sorte.




 

 

 

OBRADOIRO DE PAPIROFLEXIA

 

Hoxe, mércores 3o de marzo, desenvolveuse  o Obradoiro de Papiroflexia. Máis dunha trintena de rapaces e rapazas foron quen de dobrar o papel de cores ata acadar fermosas formas coma as da imaxe. Grazas a Teresa e Covadonga pola  súa amabilidade e dedicación e a Chus Sobrado polas tarefas de coordinación para achegarnos a outra forma, diferente, de entreternos.




DÍA DOS MUNDOS

O martes 29 celebramos unha nova edición do Día dos Mundos, coordinados por Ana Arca, Fernando Vigo e a colaboración de Gloria Rivas e Amanda. A exposición de carteis e obxectos doutros países completábase  cunha espectacular mostra de platos típicos de diferentes países: arepas de Venezuela, galletas exipcias, queixos franceses, crema catalá, postres chineses, arroz e polo peruano, smores de Dakota feitos ao momento, deliciosos postres suízos con chocolate... teremos que esperar ata o ano que vén para volver ter ese arrecendo no Virxe do Mar. Grazas a todos pola participación, o esforzo  e o bo apetito.

 

 



Distribuir contido