III BIENAL VdM

O pasado venres 22 de outubro tivo lugar na Casa da Cultura de Noia un acto de presentación da III Bienal de Arte do noso centro. Familiares, pais, nais, artistas e autoridades compartimos este momento. Parabéns aos participantes.

 

 

 

BIBLIOTECA María Mariño

  
  
Xa comezou o outono.....e na nosa Biblioteca os alumnos de 1ºESO-A fixeron este fermoso anuncio do que vai vir coa nova estación.
 

CASA DA GRAMÁTICA

 

 

Saíu un novo número, o 35, da Revista de Creación Literaria e Cultura Casa da Gramática. Cun especial dedicado a Uxío Novoneyra e un particular agasallo: 'As Loairas', un fermoso traballo de escrita e ilustración das xoves promesas do noso centro. Noraboa

 

III Bienal VdM 2010

 

Desde o luns 15 podemos gozar da creatividade artística do noso alumnado na Casa da Cultura de Noia, coa III Bienal do Virxe do Mar. O venres 22 de outubro celebrarase un pequeno acto no que teremos a posibilidade de reunir aos artistas, familias e organización.

 

 

 

VISITA A SANTA MARÍA A NOVA

Como todos os anos o alumnado de Historia da Arte de 2º de BACH foi de visita a  Santa María a Nova. Un xeito de achegarse á obra de arte, próxima.  Percepción de espazos, iluminación, materiais e tipoloxías, tanto de arquitectura como de escultura, xorden ao percorrer o entorno da igrexa e inician ao alumnado nos conceptos artísticos propios da materia.

 

 

 

I CERTAME DE PUNTOS DE LECTURA

Comezou o Certame de Puntos de Lectura. Consulta as  bases e anímate a participar

 BASES DO CERTAME

 

 

 

 

 

Distribuir contido