MAGOSTO

 

 

 O pasado luns 22 de novembro poidemos degustar as castañas asadas, algunhas un pouco asadas, do noso tradicional magosto. Grazas aos que axudaron e grazas aos que participaron.

 

 

CONCERTO DE SANTA ICIA

 

 

O luns, durante o primeiro recreo, un centenar de compañeiros interpretaron o Himno da Alegría dirixidos por Pilar Melcón. Unha nova versión deste clásico que amosa as cualidades dos nosos alumnos e alumnas

 

 

POLO SAN MARTIÑO, PEÓNS AO CAMIÑO

 

   A asociación Brinquedia fixo unha nova convocatoria do Día do Peón para este xoves 11 de novembro. No IES Virxe do Mar sumámonos a esta iniciativa coa quese pretende recuperar e conservar os xogos tradicionais. Foron varios, rapaces e rapazas, os que se animaron a facer bailar as buxainas de madeira. Por certo, con moito dominio.

 

 

TORNEO APERTURA 2010-11

Na fotografía aparecen algúns dos participantes no Torneo de Apertura de Fútbol no Virxe do Mar a pasada semana. O venres 5 de novembro celebrouse unha disputada final na que xogaron Os da Cuneta, gañadores finais, contra o "Noia". Parabéns a todos e ánimo para  non perderdes a afección.

 

 

DÍA DAS BIBLIOTECAS

 

 O pasado venres 29 de outubro na Aula Álvaro de las Casas celebrouse cun acto o remate da Semana adicada ás Bibliotecas. Os alumnos e alumnas de 1º ESO leron fragmentos de diversos textos cos que se intercalaron pezas musicais interpretadas polos compañeiros de 2º e 3º da ESO. O acto organizado pola Biblioteca María Mariño foi  coordinado pola profesora Emilia Alonso. Parabéns a todos.

 

    

PREMIOS CERTAME PUNTOS DE LECTURA

O día 25 de outubro entregáronse na Aula Álvaro de las Casas os premios do I Certame de Puntos de Lectura do Virxe do Mar para conmemorar o Día das Bibliotecas. Aquí temos os traballos gañadores. O primeiro premio foi para Paula Ronquete de 1ª ESO C e dous segundos para Alba Souto de 1º BACH B e Alica Ávila de 1º ESO A. Noraboa
 
Distribuir contido