CLAUSURA VI XORNADAS PSICOPEDAGÓXICAS

 

O día 6 de maio celebrouse a última sesión das VI Xornadas Psicopedagóxicas organizadas pola ANPA do IES Virxe do Mar. Jorge García Marín, profesor do Departamento de Socioloxía da Universidade de Santiago, escritor e articulista, disertou sobre a importancia dos mass media na creación dos estados de opinión, a importancia dos papeis do home e da muller por medio da publicidade e dos perigos de moitos videoxogos para adolescentes que son a esencia da violencia de xénero. A sesión rematou coa actuación do Coro do IES e un ágape posterior. Parabéns a todos polo éxito destas Xornadas. 

 



PREMIOS FOTOGRAFÍA XURXO LOBATO

 

Parabéns para Irene López Carro por ser premiada na VII Edición do Concurso  Fotográfico Xurxo Lobato, organizado polo asociación de antigos alumnos do IES Monelos da Coruña.



CORRELINGUA 2011

O alumnado de 1º de BACH foi, neste ano, o encargado de representar ao IES Virxe do Mar na tradicional carreira do CORRELINGUA. Coma sempre, o IES Virxe do Mar, co galego. A actividade foi coordinada polo responsable do EDLG Xan Ferreira acompañado dos profesores Xosé Rial e María Xosé García.



ENTREGA DOS PREMIOS ÁNXEL CASAL

 

Onte, 3 de maio,  tivo lugar no Concello de Santiago o acto de entrega dos XVI Premios Ánxel Casal. Aqui vai unha foto dos premiados co xurado e o alcalde de Santiago.

Ver máis

 



PREMIOS MINERVA

Ismael Ramos Castelo non deixa de darnos alegrías. Agora é o triunfador da XXXIX edición do Premio Literario Minerva organizado polo Colexio M. Peleteiro de Santiago:

  • 1º Premio de Poesía coa triloxía Circo de tres pistas
  • 1º Premio de Narración con Crónica dos días que te fuches
  • Accésit polo relato Flores para María

Tamén hai que felicitar a nosa alumna Alba Souto Rodríguez xa que nesta edición foi premiada por Mono no aware.

PARABÉNS para os dous de parte de toda a comunidade educativa do Virxe do Mar.



VISITA DA ESCRITORA YASHMINA SHAWKI

Onte estivo no IES Virxe do Mar a escritora Yashmina Shawki. Unha visita organizada pola Biblioteca María Mariño. A escritora, de pai kurdo, falou das súas orixes e da situación de Oriente Medio da que é gran coñecedora e logo o debate, no Clube de Lectura, xirou arredor da súa obra 'Fundación Libélula'. Unha tarde agradable e amena na que nos achegou ao seu espazo creativo...

 



Distribuir contido