INVESTIGANDO O BERBERECHO NO TESTAL

 

Colaboramos coa Universidade de Vigo nunha investigación sobre o berberecho

 O luns 27 de marzo de 2017 puxemos en marcha unha investigación científico – escolar no que participaron máis de sesenta  alumnos de todos os cursos de ESO  e de 1º de Bacharelato. Formamos así un equipo de colaboradores escolares dun grupos de investigación científica co Campus do Mar, seguindo a metedoloxía científico escolar do proxecto Climántica. Con esta iniciativa demos cumprimento a unha das nosos compromisos da Alianza estratéxica para a innovación educativa EduCO2cen – Erasmus+, cuxa candidatura aprobada deseñamos dende o marco do proxecto Climántica. A investigación estivo dirixida pola catedrática de Zooloxía da Universidade de Vigo, e coa colaboración da Cofradía de Mariscadores. Con esta investigación científico - escolar, preténdese iniciar unha serie periódica de datos significativos anuais sobre o recrutamento de berberechos en Testal, para facer o seguimento de posibles incidencias futuras do cambio climático sobre este recrutamento.