PRIMEIRO CURSO EDUCO2CEAN-ERASMUS+

 

O venres 10 e 11 de marzo coorganizamos, xunto coa Universidade de Santiago de Compostela, o primeiro curso de formación do proxecto europeo EduCO2cean-Erasmus+ que lideramos, na que participaron docentes de máis de 100 centros educativos das catro provincias galegas. Estes centros van ter a oportunidade de sumarse á rede escolar galega da Alianza Estratéxica para a Innovación Educativa EduCO2cen Erasmus+, que imos coordinar dende o Instituto. Neste evento participaron  catedráticos que están entre os máis relevantes no noso país en Psicoloxía da aprendizaxe, Xenética, Pedagoxía Social, Economía portuaria e Ecoloxía mariña.