PRESENTACIÓN DE EduCO2cean

O pasado xoves o equipo docente de EduCO2cean xuntou na aula Álvaro das Casas a setenta estudantes, de todos os cursos, interesados en formar o equipo xuvenil EduCO2cean. Alí analizáronse as principais iniciativas e o equipo docente comprometeuse a levar aos 50 máis implicados no proxecto a participar nunha conferencia xuvenil xunto con estudantes de varias localidades da metade Norte de Portugal. Este grupo de alumnos aloxarase no albergue xuvenil da localidade portuguesa de Aveiro, que está a 10 minutos  do comedor universitario e auditorio onde comerán e farán a presentación dos proxectos elaborados no Instituto. Con esta reunión o equipo docente deu por concluído o plan de difusión inicial e agora está centrado na posta en marcha do congreso xuvenil internacional e no primeiro curso de formación para todo o profesorado de todo Galicia interesado no proxecto, e  que está organizando xunto coa Universidade de Santiago: http://educo2cean.climantica.org/