ALIANZA ESTRATÉXICA EduCO2cean-STS

   Un equipo de oito profesores do IES Virxe do Mar acaba de poñer en marcha, dende o marco metodolóxico do proxecto Climántica, a coordinación da creación diferente material didácticos multilingüe co que van a formar á mocidade como axentes de concienciación da importancia da investigación sobre os impactos e a mitigación do cambio climático nos océanos. Tamén está a definir os seus modelos de participación das comunidades educativas para trasladar á sociedade respostas educativas fronte ao cambio climático.

   Para esta transferencia pedagóxica, o IES Virxe do Mar, aliouse mediante o proxecto CLIMÁNTICA, do que é o centro de referencia para a aplicación en diferentes comunidades educativas, cun  grupo de científicos e docentes de España, Portugal, Gran Bretaña e Polonia, para formar a alianza estratéxica  EduCO2cean-STS (Education models to transmit to society the challenge of global change in the ocean) financiado pola Unión Europea con 249.000 euros na convocatoria Erasmus+ 2016 para executar no bienio 2016-2018.

   A alianza estratéxica europea complétana o seu líder ante a Unión Europea, a Asociación Portuguesa de Educación Ambiental-ASPEA (Portugal) que aporta a súa experiencia de coordinación e difusión de redes educativas a nivel nacional e europeo, a Universidade de Vigo como sede institucional do campus de excelencia do Campus do Mar,  Marine Alliance for Science and Technology de Escocia, que aportan os datos científicos,   Ciência Viva -  Agência Nacional para a Cultura Científica e Tecnolóxica (Portugal) que aporta a súa experiencia en divulgación científica,  CARETAKERS OF THE ENVIRONMENT INTERNATIONAL (Polonia) que traslada e adapta ao Báltico todo o desenvolvemento feito sobre o Atlántico, e o IES Ribeira do Louro de Porriño que aporta a súa ampla experiencia na xestión administrativa deste tipo de proxectos.

   O principal reto do IES Virxe do Mar nesta alianza estratéxica europea para a innovación en boas prácticas educativas consiste na coordinación do deseño e desenvolvemento dos produtos didácticos e tamén na  coordinación da rede educativa a través da plataforma colaborativa. Tamén se encargará, da organización do congreso xuvenil internacional virtual sobre produtos de sensibilización social sobre a relevancia da investigación que se está a facer para responder os dous retos ambientais globais actuais máis relevantes: o cambio climático e sustentabilidade dos océanos.

Os socios do proxecto, de dous anos de duración, planearon na reunión da Universidade de Vigo os pasos a seguir para  crear un libro de texto con carácter global, aplicable en calquera sistema educativo europeo, que se publicará tanto en formato papel como electrónico, que coordinará o IES Virxe do Mar, e que estará  dispoñible nos diferentes idiomas dos países participantes. 