ARLEQUÍN, SERVIDOR DE DOUS AMOS

O grupo de teatro do Virxe do Mar convídavos a asistir á representación desta obra de Carlo Goldoni no Liceo de Noia o próximo día 4 de abril ás 20:15 h. Entrada libre. A obra está dirixida por Carlos Maquieira e conta cun selecto grupo de actores e actrices que, seguro, nos deixarán soprendidos.