IES VIRXE DO MAR
Rosalía de Castro, nº1- 15200 Noia
tlf: 881 86 68 31
ies.virxedomar.noia@edu.xunta.es
ENSINANZAS DO INSTITUTO
O noso instituto oferta as seguintes ensinanzas:
- ESO: 1º, 2º, 3º, 4º Curso
- BACHARELATO: 1º, 2º Curso
Modalidade de CIENCIAS
Modalidade de HUMANIDADES e CIENCIAS SOCIAIS
- Seccións BILINGÜES:
E.P.V.A. de 3º ESO en Inglés
FILOSOFÍA de 1º BACH en Inglés
- CICLO MEDIO:
CICLO MEDIO DE VÍDEO DISC-JOCKEY E SON https://www.edu.xunta.es/fp/ciclo/MIMS01 Familia Profesional: Duración: 2.000 HORAS TITULACIÓN: TÉCNICO
- CONDICIÓNS DE ACCESO: Con carácter xeral, a totalidade das prazas ofrecidas nun centro e ciclo distribúense por cupos de acceso cunha reserva específica de prazas. Hai tres cupos diferentes de acceso: Cupo de acceso directo, para persoas que posúen o título da ESO, título de técnico ou titulacións equivalentes. Cupo de acceso por PCPI, para as persoas que teñen os módulos obrigatorios dos PCPI do curso 2011-2012 ou seguintes. Cupo acceso por proba, para as persoas que teñen certificación de superación das probas de acceso a ciclos e non cumpran os requisitos anteriores. A distribución, ao comezo do proceso de admisión, das prazas dispoñibles para cada ciclo e para cada centro é:
Acceso directo Acceso por PCPI Acceso mediante proba até o 70% 2/3 do 30% restante 1/3 do 30% restante 10% para persoas discapacitadas 5% a maiores para deportistas de alto rendemen
Cando a demanda de prazas supere a oferta, hai establecidos uns criterios de selección. Estes criterios ordenan os candidatos/as por maior nota de acceso: Cupo de acceso directo: notas de 4º ESO, nota media de ciclo medio. Cupo de acceso por PCPI: nota dos módulos obrigatorios do 1º cuadrimestre de 2º de PCPI. Cupo de acceso por probas: nota da proba de acceso a grao medio.
Máis información no Instituto |
- ESCOLA OFICIAL de IDIOMAS:
INGLÉS e FRANCÉS (Sección de Noia)