XORNADA CLIMÁNTICA EN PONTEVEDRA

O xoves 26 de maio o alumnado de 4º da ESO do centro viaxou a Pontevedra cos traballos realizados no Obradoiro Climántica neste curso, cordinados pola profesora María Xosé Suárez. No Recinto Ferial de Pontevedra explicaron aos visitantes as súas simulacións feitas sobre cuestións climáticas: desxeo, quecemento da terra, contaminación...Alumnos de diferentes centros galegos participaron tamén cos seus proxectos sobre o medio ambiente na Xornada de Axenda 21. Parabéns a todos polo éxito.