V Copa F.S - ANPA Virxe do Mar

Un ano máis e xa son 5, vaise disputar a V Copa de fútbol sala que organiza a ANPA do noso centro. A novidade deste ano é a incorporación da categoría alevín mixta. Premendo nesta ligazón verás un pequeno dossier do torneo que inclúe os horarios dos partidos.

Se queredes ver bo fútbol sala e animar aos teus compañeiros non deixes de achegarte aos polideportivos de Noia o vindeiro domingo 29 de maio.