Al-Andalus

 
Dende finais do mes de Maio podemos ollar en distintos lugares do instituto a exposición que baixo o título de Al-Andalus nos achega ó inmenso legado  deixado pola  civilización árabe. A mesma foi concibida e dirixida polo noso profesor de Debuxo, Antonio Sánchez.
Ao longo do curso, o alumnado de Plástica baixo a dirección do seu profesor veñen traballando arreo para botar adiante este proxecto.Hai que subliñar a colaboración doutros Seminarios do centro.
Dende aquí invitamos a toda a Comunidade Educativa a ollar todos estes traballos, ó tempo que felicitamos a todo o alumnado participante e ao seu profesor Antonio polo excelente traballo realizado.
Sabemos que o coñecemento dos outros contribúe a desbotar prexuízos e incide no camiño da educación pola Paz.
 AL-ÁNDALUS: O LEGADO DA CIVILIZACIÓN ÁRABE