IES VIRXE DO MAR
Rosalía de Castro, nº1- 15200 Noia
tlf: 881 86 68 31
ies.virxedomar.noia@edu.xunta.es
Actividades complementarias
Para este curso 08/09 o departamento de castelán ten programadas varias actividades complementarias. Algunhas xa se desenvolveron e outras ainda están por vir. Aquí tedes algún exemplo: Asistencia ao cinema para ver a película El niño con el pijama de rayas.(4º ESO) Dado o éxito do libro entre o noso alumnado, pareceunos unha boa idea completar esa actividade de lectura coa asistencia ao cine. E ainda que a película gustou en xeral, a maioría dos asistentes decidiron que fora mellor o libro.
Asistencia ao teatro para ver o espectáculo La generación del 27.(4º ESO e Bacharelato) O xa habitual nas escenas xuvenís Ricardo Frazer,,trouxo un espectáculo a Noia baseado na vida e na obra de artistas da xeración do 27. Vimos a Dalí, escoitamos unha representación de Lorca, emocionámonos coa Elegía a Ramón Sijé de Miguel Hernández, sorprendeunos a maxia e quedamos fascinados co envellecimento de León Felipe (un dos momentos máis comentados da obra). O mellor, que escoitamos poesía e emocionámonos con ela case sen darnos conta.E para lembrar ese momento, nada mellor que escoitar a Elegía a Ramón Sijé na voz de Joan Manuel Serrat. O que está por vir Esperamos recibir a visita do escritor Joan Manuel Gisbert para o mes de Febreiro (para 1º, 2º e 3º da ESO), asistir a algunha representación teatral (para todos os niveis que poidamos) e todo o que se nos ocorra polo camiño. |