IES VIRXE DO MAR
Rosalía de Castro, nº1- 15200 Noia
tlf: 881 86 68 31
ies.virxedomar.noia@edu.xunta.es
EQUIPO DE ROBÓTICA NO FIRST-LEGO LEAGUE
O equipo de robótica 'Eco-Runners' premiado en Ferrol.
Equipo de Robótica
Este pasado sábado 15 de Febreiro, o equipo de Robótica do noso instituto participou na First-Lego League que tivo lugar en Ferrol. Este equipo formado polos alumnos Noa Lires, Pol Rodríguez, Breixo Brión, Pablo Villaverde, Santi Castro, Nelson Hermo, Rubén Fernández e Paulo Tajes e coordinado polo profesor Felipe Roget, leva varias semanas de preparación e ensaios no centro. Durante a xornada deste pasado sábado, tiveron que afrontar diferentes retos e probas de robótica e tamén presentaron o seu proxecto de cidade sostible. O resultado foi moi satisafactorio pois obtiveron o PREMIO ao EQUIPO CAMPIÓN de EMPRENDEMENTO.
Noraboa a tod@s !!