XI OLIMPIADA de XEOLOXÍA en COMPOSTELA

O equipo do Virxe do Mar na U.S.C.

Noela, Sofía, Emilio e Anxo

Este pasado mércores 12 de febreiro, un equipo do alumn@s de 1ºBacharelato participou na XI Olimpiada de Xeoloxía que tivo lugar na Facultade de Bioloxía da USC. Este equipo, formado por Noela Suárez, Sofía Miranda, Emilio Bravo e Anxo Rivadulla, dirixido e coordinado pola profesora Raquel Troitiño, participa nesta edición da Olimpiada despois de varias semanas de preparación e prácticas no laboratorio do instituto, sacrificando boa parte do seu tempo libre. Noraboa pola participación e o esforzo.