ARTE nas RÚAS de NOIA

Alum@s de HISTORIA de 2ºESO nas rúas de Noia

Debuxando na rúa

O alumnado de Xeografía e Historia de 2ºESO estivo estes días saíndo á rúa para ver en situ e coñecer de preto as características dos diferentes estilos arquitectónicos que están a estudar na materia. As sesións consistiron en visitar distintos edificios representativos destes estilos e intentar plasmar no papel o que estaban observando. Estiveron acompañados pola profesora Concha Sabucedo.