'ALDAOLADO': POESÍA, MÚSICA e HUMOR

O dúo 'Aldaolado' actuou para o alumnado do Virxe do Mar.

Lucía e María

Todo o alumnado da ESO do noso centro, asistiron hoxe día 3 de Febreiro ao espectáculo de música e humor do dúo

'Aldalolado' nas instalacións da sociedade cultural Liceo de Noia. As poetisas Lucía Aldao e María Lado realizan unha

mestura de poesía, humor e música, cun carácter transgresor, buscando unha comunicación directa co alumn@.

Este dúo orientado á poesía escénica, consiguen facer un recital atractivo, próximo e divertido para os rapaces, mesmo

para aqueles que nunca leron poesía. Asistiron á representación máis de 200 alumnos e alumnas de toda a ESO.