2 de Febreiro: Día da CANDELORIA

HOXE É O DÍA NO QUE CASAN OS PAXARIÑOS... 

Cando a Candeloria chora, medio inverno vai fóra; que chore, que deixe de chorar, metade do inverno está por pasar.

O día da Candelaria, si chora ou venta, inverno entra. E si non venta nin chora, inverno fóra.

Pola Candeloira casan os paxariños e maila galiñola.

Este día sinala o retorno das aves migratorias e os cortexos que preludian o renacer primavera. “É unha data dedicada ao amor e á fecundidade, os paxaros serven como referencia de observación da natureza e como obxectos de construción simbólica”, segundo sinala o antropólogo Rafael Quintía, presidente da Sociedade Antropolóxica Galega.