A escritora ANTÍA YÁÑEZ no Virxe do Mar

A autora Antía Yáñez estivo co alumnado para falar da súa obra.

Antía Yáñez

Este mércores 29 de xaneiro, tivemos a honra de contar coa presenza da autora galega Antía Yáñez, premio de narrativa Illa Nova 2018. Achegouse ao centro para comentar co alumnado tres das súas obras, en concreto, para falar de 'O Misterio de Portomarín', de 'Senlleiras' e de 'O misterio do torque de Burela'. Estas obras son parte das lecturas en lingua galega que teñen para este curso os rapaces e rapazas de 1º e 2º da ESO, e tamén os de 2º de Bacharelato. A actividade, organizada polo Departamento de Galego, consistíu en 3 sesións distintas adicadas cada unha a un diferente nivel educativo.