Teatro en FRANCÉS para 3º-4º ESO e 1º BACH

A compañían BHM Producciones representa 'Quasimodo' para o alumnado.

'Quasimodo'

Este luns 27 de xaneiro, alumnado de FRANCÉS de 3º e 4º da ESO e tamén de 1º de Bacharelato, asiste á representación da obra teatral 'Quasimodo' a cargo da Compañía BHM Producciones. A actividade está organizada polo departamento de Francés do instituto e a representación terá lugar no Centro educativo La Salle de Santiago. A obra desenvólvese un 70% en idioma francés, tendo en conta o nivel lingüístico dos rapaces e rapazas á que está dirixida.