A obra 'TÉ CON KANT' para ALUMNADO de FILOSOFÍA

A Compañía 'INVERSA TEATRO' representa 'Té con Kant'

Este venres 17 de xaneiro, @s alumn@s de FILOSOFÍA de 1º e 2º Bach asistiron á representación da obra 'Té con Kant' no teatro Coliseo Noela. Esta peza da compañía 'Inversa Teatro' é un espectáculo escrito e dirixido por María Caparrini e Marta Pérez e interpretado por María Roja e Marta Pérez. Trátase dun proxecto experimental que conxuga o ensaio filosófico e a creación escénica xogando co humor e a ironía para obter unha peza próxima ao formato de teatro didáctico-conferencia.