XEOLOXÍA polas RÚAS de NOIA

Unha clase diferente polas rúas de Noia.

Tomando notas

Unha clase diferente tiveron os alumn@s de 1ºESO e 1ºBacharelato nestes días pasados. Percorrendo varios lugares da vila, foron facendo paradas e observando de primeira man os distintos tipos de rochas e minerais que nos podemos atopar en edificios, comercios, portais e no chan. Atendendo ás explicacións da profesora de Xeoloxía Raquel Troitiño, os alumn@s ían cubrindo ao mesmo tempo a ficha repartida anteriormente na aula.