CINE: 'Mientras dure la Guerra' para 4ºESO

Alumnado de 4º ESO visionan a película de Alejandro Amenábar.

Antes do visionado

Os alumnos e alumnas de 4º da ESO, estiveron o día 20 deste mes nunha sala de cine do centro comercial 'As Cancelas' de Compostela, para asistir á proxección da película de Alejandro Amenábar 'Mientras dure la Guerra'. Actividade organizada polo departamento de Historia e que intenta achegar os rapaces a esta época tan importante da historia moderna de España. Estiveron acompañados por profesorado do propio departamento.