A escritora ELI RÍOS no noso CENTRO

A semana pasada contamos coa presenza da autora ELI RIOS

Firmando exemplares

Este pasado 11 de novembro tivemos a sorte de contar coa presenza da escritora Eli Rios no noso instituto, para falar de dúas das súas obras, que son de lectura obrigatoria para os alumnos. En concreto de 'Remexido de Patacas' para 2º de Bacharelato e 'DX' para 4º da ESO. Foron dúas sesións nas que os rapaces escoitaron a autora e mantiveron un diálogo sobre estas obras, de moi recomendable lectura. A visita foi posible grazas ás editoriais Baía e Urco Editora.