MAGOSTO no IES Virxe do Mar

Este luns 11 de novembro celebramos o MAGOSTO con xogos e castañas.

XOGOS no patio

Como ven sendo habitual, outro ano máis celebramos o MAGOSTO no noso centro. O día escollido foi este pasado luns 11 de novembro á tardiña, cando os rapaces puideron baixar ata o patio para recoller un cartucho de castañas asadas e despois disfrutar con diferentes xogos preparados polo departamento de E. Física, como por exemplo: o tiro á corda, a mariola, a rá, o pano ou as cadeiras, como se observa na fotografía. Ademáis, a festa estivo amenizada con MÚSICA, a cargo do alumnado de Ciclo de Imaxe e Son.