CONTOS en FRANCÉS para ESO e BACH

Sesións de contos en francés co profesor Samuel Mountoumnjou.

Un momento da sesión

Este pasado mércores 30 de outubro, tivemos unha doble sesión de contos en francés, para o alumnado da ESO e Bacharelato, a cargo do profesor de orixe camerunés Samuel Mountoumnjou. O alumnado que cursa a materia de francés en 3º e 4º de ESO, e tamén en 1º e 2º de Bacharelato, xunto cos seus compañeiros de nivel do IES Campo de San Alberto, puideron disfrutar de diferentes historias e contos que lles interpretaba Samuel en francés, todas elas procedentes de África.