XORNADA de MICOLOXÍA no IES

Alumn@s do IES disfrutan dunha xornada práctica de MICOLOXÍA.

No laboratorio

Este pasado 25 de outubro, tivo lugar unha xornada de Micoloxía organizada pola materia de Climántica. Comezou cunha saída en bus ata o monte Iroite, para realizar unha recollida de exemplares de cogomelos e coñecer de preto o ecosistema onde se desenvolven. Os rapaces foron acompañados polos profesores Raquel Troitiño e Francisco Sóñora, así como da micóloga Marisa Castro e da investigadora María Cabaleiro, ambalas dúas da Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo.

Posteriormente, trasladáronse ás dependencias do IES, para facer unha análise das mostras recollidas no laboratorio, observalas por microscopio e atender ás explicacións das dúas expertas procedentes da Universidade de Vigo.

LINK da Actividade:

http://red.climantica.org/alumnos-de-climantica-del-ies-virxe-do-mar-estudian-los-efectos-del-cambio-climatico-en-los-hongos/