CLIMÁNTICA de 1ºESO no ECOSISTEMA de MONTE LOURO

Na lagoa de LOURO

O alumnado de Climántica de 1ºESO do noso Centro, desprazouse este mércores 2 de outubro ata o ecosistema de Monte Louro en Muros, para facer un estudo ecolóxico da lagoa e do sistema dunar desta paraxe. Acompañados polos profesores Francisco Sóñora e Antón López, os alumnos fixeron distintas observacións in situ, tomaron notas e fotografías e atenderon ás explicacións dos monitores e profesores. Ao mesmo tempo, tamén se achegaron as cámaras da TVG para a realización da correspondente reportaxe.

LINK:

http://www.crtvg.es/informativos/escolares-de-outes-e-noia-estudan-sobre-o-terreo-os-efectos-do-cambio-climatico-4191490