2ºBach de ARTE en Sta. Mª A NOVA de NOIA

ALUMNADO de ARTE

Este pasado día 26 de setembro, o alumnado de ARTE de 2º Bacharelato achegouse ata a igrexa de Sta.Mª A Nova de Noia, para observar in situ as súas características arquitectónicas e artísticas, acompañados pola profesora Concha Sabucedo. Trátase dunha actividade habitual desenrolada polo Departamento de Historia do instituto.