FIN de CURSO no VIRXE do MAR

XOGOS e DEPORTE

Este venres 21 de xuño despedimos o Curso Académico 2018-19. Diferentes actividades tiveron lugar no patio do Centro ao longo da mañán, como foron a exhibición de robótica, de lego, torneos de xadrez e damas e un apasionante partido de fútbol entre alumn@s de 2º da ESO e profesor@s e persoal do instituto (que se tivo que resolver na tanda de penaltis).

Rematamos o presente Curso con boas sensacións e de forma divertida.

FELIZ VERÁN A TOD@S !!