DÍA MUNDIAL do MEDIO AMBIENTE con CLIMÁNTICA

 Alumnado participante na praia de Testal

Cinco institutos de Galicia déronse cita este 5 de xuño en Noia para conmemorar o Día Mundial do Medio Ambiente. Dentro do Proxecto Climántica, alumnado do CPI Dices-Rois, IES de Arzúa, IES Arcebispo Xelmirez l de Santiago, IES de Outes e o IES Virxe do Mar, asistiron a unha serie de conferencias no Teatro Coliseo Noela, a cargo de Emilio Fernández da Universidade de Vigo, Fernando González Laxe, Ángel Carracedo da USC e Liliana Solís, bióloga da cofradía de Noia. Asimesmo, visitaron en Testal e coñeceron in situ o banco marisqueiro e as técnicas de traballo empregadas na súa explotación. A xornada finalizou coa proxección de diferentes vídeos dos traballos do Proxecto Climántica e intervencións musicais dos propios alumnos.

Enlace noticia El Correo Gallego