ALUMN@S de CASTELÁN en ALMAGRO e MADRID

ALMAGRO

Estes pasados días, dende o 1 ao 4 de xuño, un grupo de alumn@s de 3º e 4º da ESO estiveron de visita cultural en Almagro e Madrid. Organizada polo Departamento de Castelán, a saída tivo un marcado carácter cultural, con representacións no Corral de Comedias de Almagro, visitas ao Museo do Prado, Casa Lope de Vega e roteiro literario polo Barrio das Letras en Madrid, tamén á Universidade de Alcalá de Henares e ás bibliotecas de Urueña en Valladolid. En resumo, uns días de convivencia, cultura e diversión.