ACTIVIDADES MEDIOAMBIENTAIS en San FINX-LOUSAME

 Recollendo DATOS

Durante dúas xornadas, alumnado de 4ºESO participou en varias actividades medioambientais organizadas polo Departamento de Física e Química, cos profesores Fernando Martínez, Raquel Troitiño e Macías López.

O día 23 de maio, realizaron un traballo de análise das augas dos regos Espiño e Rabaceiras, no concello de Lousame, medindo parámetros físico-químicos e biolóxicos, acompañados por Paco Bañobre, monitor do proxecto 'Ríos ADEGA'.

Na xornada do 29 de maio, coñeceron o proxecto do monte veciñal de recuperación de especies autóctonas de Froxán, en Lousame, recoñecido do rexistro ICAA da ONU, visitaron o Museo Mineiro de San Finx e fixeron distintos roteiros guiados pola zona.

 Roteiro