CORO 'Has de Cantar' en LISBOA con CLIMÁNTICA

CORO 'Has de Cantar'

Encadrado no Proxecto Climántica, o Coro Infantil do IES Virxe do Mar 'Has de Cantar' estivo esta fin de semana na capital portuguesa, desenvolvendo un encontro didáctico con outros Centros, celebrando o Día Marítimo Europeo e facendo distintas gravacións musicais para incorporalas ao proxecto educativo. Acompañados polos profesores Eva, Fernando e o director de Climántica Francisco Sóñora, realizaron asimesmo distintas visitas na capital lusa e arredores.   VIDEO